You are here:
WorldLII >>
Databases >>
Public Rights Licences >>
2005 >>
[2005] PubRL 82
[Database Search]
[Name Search]
[Recent Documents]
[Noteup]
[Download]
[Help]
Creative Commons Attribution-NonCommercial 2.5 (Spain-Galician) [2005] PubRL 82 (1 June 2005)
Creative Commons Attribution-NonCommercial
Version: 2.5
Copyright: No
URL: http://creativecommons.org/licenses/by-nc/2.5/es/legalcode.gl
Type: Content
Media: Generic
Country: Spain
Licence text
CREATIVE COMMONS CORPORATION NON É UN DESPACHO DE AVOGADOS E NON
PROPORCIONA SERVIZOS XURÍDICOS. A DISTRIBUCIÓN
DESTA LICENZA NON
CREA UNHA RELACIÓN AVOGADO - CLIENTE. CREATIVE COMMONS PROPORCIONA ESTA
INFORMACIÓN TAL CAL (ON AN
‘AS-IS’ BASIS). CREATIVE COMMONS
NON CONFIRE NINGUNHA GARANTÍA RESPECTO DA INFORMACIÓN
PROPORCIONADA, NIN
ASUME NINGUNHA RESPONSABILIDADE POR DANOS PRODUCIDOS A
CONSECUENCIA DO SEU USO.
Licenza
A OBRA (SEGUNDO SE DEFINE MÁIS ADIANTE) PROPORCIONASE BAIXO TERMOS
DESTA LICENZA PÚBLICA DE CREATIVE COMMONS(“CCPL”
OU
“LICENZA”). A OBRA ESTÁ PROTEXIDA POLA LEI ESPAÑOLA DE
PROPIEDADE INTELECTUAL E/OU CALQUERA OUTRA NORMA
QUE RESULTE DE
APLICACIÓN. ESTÁ PROHIBIDO CALQUERA USO DA OBRA DIFERENTE Ó
AUTORIZADO BAIXO ESTA LICENZA OU
Ó DISPOSTO NAS LEIS DE PROPIEDADE
INTELECTUAL.
POR MEDIO DO EXERCICIO DE CALQUERA DEREITO SOBRE A OBRA PROPORCIONADA
AQUÍ, VOSTEDE ACEPTA E CONSINTE AS LIMITACIÓNS
DESTA LICENZA. O
LICENCIADOR CONCÉDELLE OS DEREITOS CONTIDOS AQUÍ, SEMPRE QUE
VOSTEDE ACEPTE OS PRESENTES TERMOS E
CONDICIÓNS.
1. Definicions
- A
"obra" é a creación literaria, artística ou
científica ofrecida baixo termos desta licenza.
- O
"autor" é a persoa ou entidade que creou a
obra.
- Considérase
"obra conxunta" aquela susceptíbel de ser incluída nalgunha
das seguintes categorías:
- "Obra
en colaboración", entendendo por tal aquela que sexa resultado
unitario da colaboración de varios autores.
- "Obra
colectiva", entendendo por tal a creada pola iniciativa e baixo a
coordinación dunha persoa natural ou xurídica que a edite e
divulgue baixo o seu nome e que estea constituída pola reunión de
achegas de diferentes autores cuxa contribución
persoal fúndese
nunha creación única e autónoma, para a cal tivese sido
concibida sen que sexa posíbel
atribuír separadamente a calquera
deles un dereito sobre o conxunto da obra realizada.
- "Obra
composta e independente", entendendo por tal, a obra nova que incorpore unha
obra preexistente sen a colaboración do autor desta última.
- Considérase
"obra derivada" aquelas que estean baseadas nunha obra ou nunha obra e
outras preexistentes, tales como traducións e adaptacións; as
revisións, actualizacións e anotacións; os compendios,
resumos e extractos; os arranxos musicais e; en xeral,
calquera
transformación dunha obra literaria, artística ou
científica, salvo que a obra resultante teña
o carácter de
obra conxunta, caso no que non será considerada como unha obra derivada
aos efectos desta licenza. Para
evita-la dúbida, se a obra consiste nunha
composición musical ou gravación de sons, a sincronización
temporal da obra cunha imaxe en movemento (‘synching’) será
considerada coma unha obra derivada ós efectos
desta licenza.
- Terán
a consideración de "obras audiovisuais"as creacións
expresadas por medio dunha serie de imaxes asociadas, con ou sen
sonorización incorporada, así como
as composicións
musicais, que estean destinadas esencialmente a ser amosadas a través de
aparatos de proxección
ou por calquera outro medio de comunicación
pública da imaxe e do son, con independencia da natureza dos soportes
materiais
das devanditas obras.
- O
"licenciador" é a persoa ou a entidade que ofrece a obra baixo os
termos desta licenza e cede os dereitos de explotación da mesma
conforme
ao disposto nela.
- "Vostede"
é a persoa ou entidade que exercita os dereitos baixo esta licenza e
que non violou previamente os termos da mesma con respecto
da obra, ou que
recibiu o permiso expreso do licenciador de exercita-los dereitos por medio
desta licenza malia unha violación
anterior.
- A
"transformación" dunha obra comprende a súa
tradución, adaptación e calquera outra modificación na
súa formada que
se derive unha obra diferente. Cando se trate dunha base
de datossegundo se define máis adiante, considerarase tamén
transformación a reordenación da mesma. A creación
resultante da transformación dunha obra terá
a
consideración de obra derivada.
- Enténdese
por "reproducción" a fixación da obra nun medio que permita
a súa comunicación e a obtención de copias de toda ou parte
dela.
- Enténdese
por "distribución" a posta a disposición do público
do orixinal ou copias da obra por medio do aluguer, préstamo ou de
calquera
outro xeito.
- Enténdese
por "comunicación pública" todo acto polo cal unha
pluralidade de persoas poida ter acceso á obra sen previa
distribución de exemplares a cada
unha delas. Non se considerará
pública a comunicación cando se celebre dentro dun ámbito
estritamente
doméstico que non estea integrado ou conectado a unha rede
de difusión de calquera tipo. A efectos desta licenza considerarase
comunicación pública a posta a disposición do
público da obra por procedementos alámbricos ou
inalámbricos, incluída a posta a disposición do
público da obra de tal xeito que calquera persoa poida
acceder a ela
dende o lugar e no momento que escolla.
- A
"explotación" da obra comprende a súa reprodución,
distribución, comunicación pública e
transformación.
- Terán
consideración de "bases de datos" as coleccións de obras
alleas, de datos ou de outros elementos independentes como as antoloxías
e as bases de datos
propiamente ditas que pola selección ou
disposición dos seus contidos constitúan creacións
intelectuais,
sen prexuízo, no seu caso, dos dereitos que puideran
existir sobre ditos contidos.
- Os
"elementos da licenza" son as características principais da
licenza segundo a selección efectuada polo licenciador e indicadas no
título
desa licenza: Recoñecemento da autoría
(Recoñecemento), Sen uso comercial
(NonComercial).
2. Límites e uso xusto dos
dereitos. Nada nesta licenza pretende reducir ou restrinxir calquera dos
límites legais dos dereitos exclusivos do titular dos dereitos
de
propiedade intelectual de acordo coa Lei de Propiedade Intelectual ou calquera
outra lei aplicábel, xa sexan derivados
de usos lexítimos, tales
como o dereito a copia privada ou o dereito a cita, ou outras limitacións
como a derivada
da primeira venda de exemplares.
3. Concesión de licenza. Conforme ós termos e ás
condicións desta licenza, o licenciador concede (durante toda a vixencia
dos dereitos
de propiedade intelectual) unha licenza de ámbito mundial,
sen dereito de remuneración, non exclusiva e indefinida
que inclúe
a cesión dos seguintes dereitos:
- Dereito
de reprodución, distribución e comunicación pública
da obra.
- Dereito
a incorporala nunha ou mais obras conxuntas ou bases de datos e para a
súa reprodución en tanto que incorporada
as devanditas obras
conxuntas ou bases de datos.
- Dereito
para efectuar calquera transformación na obra e crear e reproducir obras
derivadas.
- Dereito
de distribución e comunicación pública de copias ou
gravacións da obra, como incorporada a obras
conxuntas ou bases de
datos.
- Dereito
de distribución e comunicación pública de copias ou
gravacións da obra, por medio dunha obra derivada.
Os
anteriores dereitos pódense exercitar en tódolos medios e
formatos, tanxíbeis ou intanxíbeis coñecidos
ou por
coñecer. Os dereitos mencionados inclúen o dereito a efectua-las
modificacións que sexan precisas tecnicamente
para o exercicio dos
dereitos noutros medios e formatos. Tódolos dereitos non cedidos
expresamente polo licenciador quedan
reservados, incluíndo, pero non
limitando, ós dereitos establecidos na sección 4d.
4. Restricións. A cesión de dereitos que supón
esta licenza atópase suxeita e limitada ás restricións
seguintes:
- Vostede
pode reproducir, exhibir publicamente, comunicar publicamente ou comunicar
publicamente de forma dixital a obra soamente baixo
os termos desta licenza, e
vostede debe incluír unha copia da devandita obra, ou o seu Identificador
Uniforme de Recurso (URI),
con cada copia ou gravación da obra que
vostede reproduza, distribúa ou comunique publicamente. Vostede non pode
ofrecer
ou impoñer ningún termo sobre a obra que altere ou
restrinxa os termos desta licenza ou o exercicio dos seus dereitos
por parte dos
cesionarios da mesma. Vostede non pode sublicencia-la obra. Vostede debe manter
intactos tódolos avisos que
fagan referencia a esta licenza e á
ausencia de garantías. Vostede non pode reproducir, reproducir ou
comunicar publicamentea
obra conmedidas tecnolóxicas que controlen o
acceso ó uso da obra de xeito contrario ós termos desta licenza.
O
anterior aplícase a unha obra en tanto que incorporada a unha obra
conxunta ou base de datos, pero non implica que estas,
á marxeda obra
obxecto desta licenza, teñan que estar suxeitas aos termos da mesma. Se
vostede crea unha obra conxunta
ou base de datos, previa comunicación do
licenciador, vostede debe quitar da obra conxunta ou base de datos calquera
crédito
requerido no apartado 4c, segundo se lle requira e na medida do
posíbel. Se vostede crea unha obra derivada, previa comunicación
ao licenciador, vostede deberá quitar da obra derivada calquera
crédito requerido no apartado 4c, segundo o que se
lle requira e na
medida do posíbel.
- Vostede
non pode exercitar ningún dos dereitos cedidos na sección 3
anterior de forma que pretenda principalmente ou
estea dirixida cara á
obtención dun beneficio mercantil ou á remuneración
monetaria privada. O intercambio
da obra por outras obras protexidas pola
propiedade intelectual por medio de sistemas de compartir arquivos non se
considerará
como unha forma que pretenda principalmente ou se atope
dirixida cara á obtención dun beneficio mercantil ou á
remuneración monetaria privada, sempre que non exista ningún pago
de calquera remuneración monetaria en relación
ó
intercambio das obras protexidas.
- Se
vostede reproduce, distribúe ou comunica publicamente a obra ou calquera
obra derivada, conxunta ou base de datos que a
incorpore, vostede debe manter
intactos tódolos avisos sobre a propiedade intelectual da obra e
recoñecer ó
autor orixinal, de xeito razoábel conforme
ó medio ou ós medios que vostede estea empregando, indicando o
nome
(ou pseudónimo, no seu caso) do autor orixinal se é
facilitado, e/ou recoñecer a aquelas partes (por exemplo:
institución, publicación, revista) que o autor orixinal e/ou o
licenciador designen para ser recoñecidos no
aviso legal, as
condicións de uso ou de calquer outro xeito razoábel; o
título da obra se é facilitado;
de xeito razoábel, o
Identificador Uniforme de Recurso (URI), de existir, que o licenciador
especifica para ser vinculado
á obra, a menos que tal URI non faga
referencia ó aviso sobre a propiedade intelectual ou á
información
sobre a licenza da obra; e no caso dunha obra derivada, un
aviso que identifique o uso da obra na obra derivada (p.ex. "tradución
galega da obra de autor orixinal" ou "guión baseado na obra orixinal de
Autor Orixinal"). Tal aviso pódese desenvolver
de calquera xeito
razoábel, con tal de que, sen embargo, no caso dunha obra derivada,
conxunta ou base de datos, apareza como
mínimo este aviso aló onde
aparezan os avisos correspondentes ós outros autores e de xeito
comparábel
ós mesmos.
- Para
evita-la dúbida, sen prexuízo da preceptiva autorización do
licenciador, e especialmente cando a obra se
trate dunha obra audiovisual, o
licenciador reservarase o dereito exclusivo a percibir, tanto individualmente
como por medio dunha
entidade de xestión de dereitos, ou varias (por
exemplo: SGAE, Dama, VEGAP), os dereitos de explotación da obra ,
así
como os derivados de obras derivadas, conxuntas ou bases de datos, se
dita explotación pretende principalmente ou se atopa
dirixida cara
á obtención dun beneficio mercantil ou á
remuneración monetaria privada.
- No
caso da inclusión da obra nalgunha base de datos ou recompilación,
o propietario ou o xestor da base de datos ten
que renunciar a calquera dereito
relacionado con esta inclusión e concernente ós usos da obra unha
vez extraída
das bases de datos, quer de xeito individual ou
conxuntamente con outros materiais.
5. Ausencia de
Responsabilidade.
SALVO QUE SE CONVEÑA MUTUAMENTE DE OUTRO XEITO POLAS PARTES, O
LICENCIADOR OFRECE A OBRA TAL CAL (ON AN "AS-IS" BASIS) E NON
CONFIRE NINGUNHA
GARANTÍA DE CALQUERA TIPO RESPECTO DA OBRA OU DA PRESENZA OU AUSENCIA DE
ERROS QUE POIDAN OU NON SER DESCUBERTOS.
ALGUNHAS XURISDICIÓNS NON
PERMITEN A EXCLUSIÓN DE DITAS GARANTÍAS, POLO QUE TAL
EXCLUSIÓN PODE NON SER
DE APLICACIÓN A VOSTEDE.
6. Limitación de responsabilidade.
SALVO O QUE DISPOÑA EXPRESA E IMPERATIVAMENTE A LEI APLICABLE, EN
NINGÚN CASO O LICENCIADOR SERÁ RESPONSÁBEL
ANTE VOSTEDE POR
CALQUERA TEORÍA LEGAL DE CALQUERA DANOS RESULTANTES, XERAIS OU ESPECIAIS
(INCLUÍDO O DANO EMERXENTE
E O LUCRO CESANTE), FORTUÍTOS OU
CAUSAIS, DIRECTOS OU INDIRECTOS, PRODUCIDOS EN CONEXIÓN CON ESTA LICENZA
OU O USO
DA OBRA, INCLUSO SE O LICENCIADOR TIVERA SIDO INFORMADO DAS
POSIBILIDADES DE TALES DANOS.
7. Finalización da licenza
- Esta
licenza e a cesión dos dereitos que contén terminarán
automaticamente en caso de calquera incumprimento
por vostede dos termos da
mesma. As persoas ou entidades que tiveran recibido obras derivadas, conxuntas
ou bases de datos de vostede
baixo esta licenza, nembargante, non verán
as súas licencias rematadas, sempre que ditas persoas ou entidades se
manteñan
no cumprimento íntegro desta licenza. As seccións
1, 2, 5, 6, 7 e 8 permanecerán vixentes pese a calquera
finalización
desta licenza.
- Conforme
ás condicións e termos anteriores, a licenza concedida aquí
é perpetua (durante toda a vixencia
dos dereitos de propiedade
intelectual aplicables á obra). Malia o anterior, o licenciador
resérvase o dereito a divulgar
ou publicar a obra en condicións
distintas ás presentes, ou de retirar a obra en calquera momento; Non
obstante, isto
non suporá dar por concluída esta licenza (ou
calquera outra licenza que teña sido concedida, ou sexa preciso
ser
concedida, baixo os termos desta licenza), que continuará vixente e con
efectos completos a non ser que teña finalizado
conforme ó
establecido anteriormente.
8. Miscelánea
- Cada
vez que vostede explote dalgún xeito a obra, ou unha obraconxunta ou unha
base de datos que a incorpore, o licenciador
orixinal ós terceiros e
sucesivos licenciatarios a cesión de dereitos sobre a obra nas mesmas
condicións e termos
que a licenza concedida a vostede.
- Cada
vez que vostede explote dalgún xeito unha obra derivada, o licenciador
orixinal ofrece ós terceiros e sucesivos
licenciatarios a cesión
de dereitos sobre a obra orixinal nas mesmas condicións e termos que a
licenza concedida a
vostede.
- Se
algunha disposición desta licenza resulta inválida ou
inaplicábel segundo a Lei vixente, isto non afectará
á
validez ou aplicabilidade do resto dos termos desta licenza e, sen ningunha
acción adicional por calquera das partes
deste acordo, tal
disposición será reformada no estritamente preciso para facer que
tal disposición sexa válida
e executiva.
- Non
se entenderá que existe renuncia respecto dalgún termo ou
disposición desta licenza, nin que se consinte
violación algunha
da mesma, a menos que tal renuncia ou consentimento figure por escrito e leve
sinatura pola parte que renuncie
ou consinta.
- Esta
licenza constitúe o acordo pleno entre as partes con respecto á
obra obxecto da licenza. Non caben interpretacións,
acordos ou termos con
respecto da obra que non se atopen expresamente especificados aquí. O
licenciador non estará
obrigado por ningunha disposición
complementaria que poida aparecer en calquera comunicación de vostede.
Esta licenza
non se pode modificar sen o acordo escrito mutuo entre licenciador
e vostede.
Creative Commons non é parte desta licenza, e non
ofrece ningunha garantía en relación coa obra. Creative Commons
non será responsábel fronte a vostede nin calquera outra parte,
por calquera teoría legal de calquera dano resultante,
incluíndo,
pero non limitando, danos xerais ou especiais (incluíndo o dano emerxente
e o lucro cesante), fortuítos
ou causais, en conexión con esta
licenza. Malia as dúas (2) oracións anteriores, se Creative
Commons se identificou
expresamente como o licenciador, terá
tódolos dereitos e obrigas do licenciador.
Agás para o propósito limitado de indicar ó
público que a obra está licenciada baixo a CCPL, ningunha
parte
empregará a marca rexistrada Creative Commons u calquera marca rexistrada
ou insignia vinculada con Creative Commons
sen o seu consentimento por escrito.
Calquera uso permitido farase de conformidade coas pautas vixentes en cada
momento sobre o uso
da marca rexistrada Creative Commons, en tanto que sexan
publicadas na súa páxina web (website) ou sexan proporcionadas
a
petición previa.
Pode contactar con Creative Commons en :http://creativecommons.org/.
WorldLII:
Copyright Policy
|
Disclaimers
|
Privacy Policy
|
Feedback
URL: http://www.worldlii.org/int/other/PubRL/2005/82.html